A OITAVA EDICIÓN DO FESTIVAL 17º RIBEIRA SACRA CELEBRARASE DO 26 AO 28 DE XULLO
Nun lugar privilexiado como é o escenario Fest Galicia ubicado nas Bodegas Regina Viarum
O festival segue apostando por ofrecer unha programación completa na que, ademais do cartel musical, as propostas gastronómicas, artísticas e as actividades para descubrir o territorio convértense en parte imprescindible da experiencia.
Proximamente sairán á venda os primeiros abonos a un prezo promocional antes de desvelar as primeiras confirmacións da proposta musical.
Tras gañar o premio ó Mellor Festival de Pequeno Formato nos Iberian Festival Awards o pasado ano, 17º Ribeira Sacra volve a estar nomeado en 9 categorías
A oitava edición do festival 17° Ribeira Sacra regresa do 26 ao 28 de xullo deste ano. Esta cita anual, xa consolidada, celébrasase nun dos mellores territorios, candidato a Patrimonio da Humanidade, na que a música, a arte, a gastronomía e a terra únense para crear unha experiencia única para o público.
Proximamente daranse a coñecer os primeiros artistas confirmados e as novidades dun programa que reunirá de novo concertos nalgúns dos escenarios máis singulares deste territorio, como o catamarán de Ponte do Sil ou o Mirador de Santiorxo, así como as actividades que complementan esa fin de semana como os roteiros, as catas e degustacións gastronómicas, que maridadas coa sensación de festival, farán que se convertan nun momento único.
As diferentes localizacións da Ribeira Sacra acollerán unha nova edición do recoñecido Mellor festival de pequeno formato da Península Ibérica o ano pasado (e que tamén foi premiado como o mellor do país en 2020) e que novamente está nomeado en nove categorías aos Iberian Festival Awards, os galardóns que recoñecen aos que mellores festivais de España e Portugal. Algunhas das candidaturas poden ser votadas ata o 17 de xaneiro na web destes premios.
Moi pronto sairán á venda tamén os primeiros abonos a un prezo promocional.
A través da web festivalribeirasacra.com ampliarase información coas últimas novidades.
FESTIVALES TERRITORIO
17º Ribeira Sacra forma parte da marca Festivales Territorio, unha marca creada pola empresa I-Radia Crea, que desenvolve accións exclusivas en territorios con fortes valores culturais nos que, maridando música, gastronomía, arte e patrimonio, dan forma a unha experiencia completa para todas as persoas asistentes.
Esférica Rioja Alavesa, Nómade Alcusses-Alforins, Tierra Bobal Fest e Canari toman como modelo a experiencia e o bo facer do festival galego, expandindo o formato a outros puntos da península ibérica.
