Páginas

O festival 17° Ribeira Sacra lanza os primeiros abonos moi limitados e a un prezo especial

 

 A Ribeira Sacra volverá acoller o seu festival máis esperado do 26 ao 28 de xullo de 2024.

•   Os primeiros abonos para esta oitava edición, que volve a contar co apoio de Cervezas Alhambra saen á venda mañá ás 12 horas, a través da web festivalribeirasacra.com. Existencias limitadas.



 O festival 17° Ribeira Sacra regresa este ano na súa oitava edición que se celebrará durante a fin de semana do 26 de xullo. Este xoves, 18 de xaneiro, póñense á venda un cupo de abonos promocionais, que estarán a un prezo reducido durante un periodo limitado de tempo antes de darse a coñecer os primeiros artistas.

O festival volve contar co apoio de Cervezas Alhambra como principal patrocinador na súa aposta pola música e polo descubrimento de creacións auténticas feitas para gozar sen presa e cos cinco sentidos.

17° Ribeira Sacra é unha cita anual na que, a música, a arte, a gastronomía e a terra únense para crear unha experiencia única para o público, tendo lugar en diversos escenarios singulares repartidos entre os municipios lucenses de Sober, A Pobra do Brollón e Chantada. O Escenario Momentos Alhambra no mirador de Santiorxo ou o Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra nun catamarán recorrendo os cañóns do río Sil son algún dos seus atractivos que fai que cada ano sexa unha cita ineludible para miles de persoas.

Ademais, está nomeado en 11 categorías nos Iberian Festival Awards, no cal xa foi premiado en 2022 como o “Best Small Festival” da península. Este ano volve a competir a Mellor Festival Pequeno Formato e noutras categorías como Contribución á Igualdade e á Sustentabilidade, ou a Mellor Localización (Adegas Regina Viarum), entre outras.

Dentro dos valores do festival, 17º Ribeira Sacra sempre conta cun plan de mobilidade para coidar o medio ambiente e reducir o impacto ambiental. Este ano, o circuito de buses que desplazará ós asistentes entre os diversos escenarios verase mellorado, cun aumento das frecuencias e das paradas, abrangando non só as zonas próximas, senón tamén a media distancia. O abono de transporte estará dispoñible dende a propia web proximamente.

As catas, roteiros e actividades para coñecer o patrimonio son xa unha parte imprescindible desta cita estival que, maridadas coa sensación de festival, complementan a experiencia, xunto coa activación artística e a proposta gastronómica. Nas últimas edición pasaron chefs de renome coma Lucía Freitas ou Luis Veira, do restaurante Árbore na Veira, ofrecendo unha selección de pratos de calidade, elaborados con ingredientes de proximidade.

 

INFORMACIÓN SOBRE OS ABONOS:

Primeiros tramos abonos 17° Ribeira Sacra

Abonos promocionais: 55 € + g.x.

Á venda desde mañá 18 de xaneiro ás 12.00h.

Abonos limitados.

Inclúe: programación musical do venres 26 ao domingo 28 de xullo de 2024.

Dispoñibles en festivalribeirasacra.com
 

Abono xeral (primeiro tramo): 60 € + g.x.

Á venda unha vez esgotado o cupo de abono promo.

Inclúe: programación musical do venres 26 ao domingo 28 de xullo de 2024.

Dispoñibles en festivalribeirasacra.com