Páginas

Outlet Ferrolterra 2011

O II Outlet de Ferrolterra, programado no recinto feiral de Ferrol entre os días 6 e 8 de Maio ampliará este ano a súa superficie e o abano de sectores participantes. O éxito de público acadado na pasada edición e os bos resultados obtidos polos expositores sirven nesta edición para atraer a máis establecementos comerciais que recurren a este Outlet, para dar saída aos stocks de anteriores tempadas. A feira celebrarase no recinto feiral de Ferrol-FIMO, co respaldo da Cámara de Comercio de Ferrol, os Concellos de Ferrol e Narón e a asociación de comerciantes ACOF.

O II Outlet de Ferrolterra está aberto á participación dos comercios dos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal e na edición deste ano aos sectores do primeiro certame (peletería, moda para hombre, mujer y niño, zapatos, complementos, bisutería, accesorios de xardinería, deportes, óptica, e lencería) súmanse nesta edición de 2011 os mobles e a decoración, a menaxe do fogar, a artesanía, o descanso, textil do fogar e o sector da automoción, polo que a oferta non pode ser máis completa. Por ser precisamente un certame multisectorial, este Outlet non se pecha a sector comercial algún. Por suposto, a ampliación de sectores obriga a ampliar a superficie de exposición, pasando dos 2500 metros cadrados a caseque o dobre.

Este salón das oportunidades preséntase para os comerciantes de Ferrolterra, Eume e Ortegal como unha ocasión única para chegar a miles de clientes potenciais e dar saída a un volumen importante de stocks de tempada, e ao mesmo tempo para os consumidores se presenta como o momento ideal de adquirir productos a unha extraordinaria relación calidade prezo con tódalas garantías.
Como na pasada edición, o II Outlet de Ferrolterra contará cun servicio de ludoteca para que os máis pequenos poidan disfrutar xogando, atendidos por monitores especializados, mentres os seus pais fan as súas compras.