Páginas

Fiesta Dorna Riveira 2011

Fiesta da Dorna 2011 Riveira

El municipio de Riveira acogerá durante el mes de Julio desde el miércoles 20 al domingo 24 de julio una nueva edición de la Festa da Dorna. Las Dornas forman parte de la vida cotidiana de los vecinos del municipio ribeirense que mantienen viva la tradición por esta embarción de pesca, tal es la importancia y representación que tienen las dornas en el municipio que sus fiestas son catalogadas de Interés Turístico de Galicia.

Actividades que nos esperan

- Rejata de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsión a Pan de Millo. Jran Premio Cutre Sark . Consiste nunha regata que se caracteriza porque os participantes construen o seu propio buque, e non só eso, senon que deben trasladalo dende a "zona de fondeo" (ubicada no malecón de Ribeira) ata o "campo de regatas" paseando a hombros da peña a sua embarcación por tódalas ruas de Ribeira. Este paseo faise acompañado de bandas de gaitas, charangas de música, e a marea humana que de cando en vez ó longo dos días de celebración inundará as ruas e prazas de Ribeira. A regata desenrolarase na praia de Coroso (Bandeira Azul da U.E.) dándose a saida dende a orilla da praia e as embarcacións deben -igual que en calqueroutra regata- superar unha boia que servirá de meta. Nembargantes e o mais importante deste acto é amosa-las capacidades constructoras dos peñeiros, así coma da ironia que transmiten as suas embarcacións que se aproveitan para facer un balance dos acontecementos mais significativos do ano anterior.

- Sertamen Itinerante da Cansión de Tasca . Consistente nun concurso de canto donde ás peñas entregaráselle un recorrido no que recollen as distintas tascas, bares, cafeterías, do pobo no que deben entonar as suas pezas musicais, e na que o taberneiro será o encargado de puntuar. Unha vez finalizada a xeira, convócase ós participantes nunha praza para dar os resultados dos catro finalistas, que no palco instalado para ese fin na praza deben volver a repetir o éxito musical que os levou ata a final. Alí un xurado constituido por representantes de tódalas peñas participantes agás as finalistas decidirán quen é o ganador da edición da Cansión de Tasca.

- Juateke Dorneiro . Tentando rememorar os anos 60 e 70 tódolos anos ten cabida dentro dos actos da festa a organización dun guateque ó mais puro estilo deses anos. Para a celebración instálase unha carpa cuberta nunha das prazas do pobo e dentro pódese disfrutar da música e ambiente propio daqueles anos.

- Jran Prix de Carrilanas . Cada peña voltará a amosar a sua capacidad creativa dando forma esta vez a un vehículo sobre rodas no que imperará, ó igual que na regata, a creatividade, crítica irónica, tecnoloxía, e coma sempre as ganas de participar. Dende o conocido coma "Alto da Mamoa" as carrilanas baixarán por unha pendiente de mais dun kilómetro de lonxitude rematando o seu tránsito polas ruas de Ribeira e a carón da praza do concello. Previamente as carrilanas convócanse nunha praza na que se instalarán os Boxes e na que se revisan que cumpran a única condición para participar: os eixes e rodas deben ser de madeira. Logo a marea humana trasladará polas ruas de Ribeira ata o alto da Mamoa os vehículos tentando tomar unha boa posición na parrilla de saida.

- Exame de Patróns . É condición indispensable para ingresar unha nova peña na Asamblea de Peñas Dorneiras (o ente encargado de dar voz e voto a cada peña nas decisións sobre a organización da festa) que o seu patrón (a persoa que se responsabilizará de tódolos actos que organiza a sua peña así coma de tódalas persoas que integran esa peña) pase un singular exame, nun palco instalado nunha praza de Ribeira e ante tódalas demais peñas, sendo examinado por un tribunal constituido para tal fin. A singularidade deste exame e que ponse coma condición indispensable que debe ofrecer un soborno ó tribunal para que valore a sua proba con obxetividade. O exame pode consitir nunha pregunta ou nunha proba, que o examinado resolverá apoiado polo público. O ingreso na Asamblea de Peñas Dorneiras despois de pasa-lo exame nunca se lle negou a ninguén que se presentase. Pero é condición indispensable presentarse.

- Top Secret . Que coma o seu propio nome indica é secreto e descoñécese ata a o momento de toma-las ruas de Ribeira conducido pola Marea Dorneira tratando de chegar ata o último rincón. Consiste nunha ancarella na que se monta algo representativo para o pobo e que ironiza con algo acontecido nese ano. Acompañan ó Top Secret bandas de gaitas, charangas de música, e as peñas dorneiras brincando e bailando ó son da música.

- Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor . Donde as peñas dorneiras presentarán un aparello voador co que intentarán acada-la máxima distancia posible en voo ó lanzarse dende o peirao cara ó már. Normalmente prima a imaxinación e inxenio sobre as verdadeiras posibilidades de voar. A marea humana volve a inunda-las ruas de Ribeira para trasladar os avións dende o punto de concentración ata a pista de despegue.

- Romería Dorneira . Celebración da típica romeria donde grupos de gaitas e charangas de música, serán as encargadas de ameniza-la degustación das sardiñas asadas e as empanadas que se reparten gratuitamente a tódolos visitantes, compartindo mesa e mantel nas inmediacións do merendeiro situado a carón da praia Coroso. Distingos xogos e pasatempos son os encargados de anima-la tarde: campionato mundial de chinchimonei, carreiras de sacos, lansamento de disco, pes atados, titiriteiros, marionetas, etc. Fan que a romería sexa unha das mais participativas e coñecidas da zona.

- Xojos e Deportes Tradisionais . Como o seu propio nome indica son distintos xogos e deportes afincados na tradición popular galega que na sociedade urbana actual corren risco de perderse: a chave, os bolos celtas, xogos de cartas, canicas, pións, pulsos, tirar da corda, purra-lo pau, colle-lo parrulo, cucañas, e un amplo abano de moitos mais xogos ata completar uns 60 clasificados en distintas categorías: Terra, Mar e Aire; donde en función do medio no que se organicen ou discurran ocuparán unha ou outra categoría. O importante nos xogos e a participación pois premios hai para todo o mundo.

Nembargantes e para tratar de comprender mellor a Festa da Dorna e ainda que non son actos propios da festa, é preciso coñece-los seguintes entes que fan da Dorna unha celebración tan singular:

• Peñas dorneiras: grupos de xente que poden ir dende unha ata o número de integrantes que desexen, e no que nomean a un patrón que será o responsable do grupo tanto a nivel organizativo coma da xente que integra a peña. A peña deberá lucir unha pañoleta dun color único para esa peña e unha camiseta cun debuxo único; o nome da peña decídeno entre os fundadores e comunícanllo á R. e I. Cofradía da Dorna, que se pide coma único requisito que ten que estar vinculado co mar. Para que a peña obteña o recoñecemento das demais peñas e o consentimento a participar nas actividades que organizan debe pasa-lo Exame de Patróns.

• Asamblea de Peñas Dorneiras : convócase por parte da R. e I. Cofradía da Dorna, e deben asistir tódolos patróns das peñas e comunicaráselle as actividades e días nos que discurrirá a festa, logo os patróns comúnicanllo as suas peñas, trasladando o parecer destas a unha nova asamblea cas aportacións o programa de actividades que se decida en refrendo xeral. Nas asambleas de peñas repartiranse as distintas actividades entre as peñas que desexen organizalas.

• Fanequeiras : demominación que reciben os establecementos de hostelería que colaboran activamente no discurrir da festa albergando algúns dos actos coma por exemplo o Sertamen Itinerante da Cansión de Tasca.

• Marea Dorneira : concentración de xente pertencente principalmente ás peñas, pero da que participan tamén visitantes e turístas, normalmente parte dun punto (rua, praza, praia...) e pouco a pouco vai inundando as ruas de Ribeira conformando unha verdadeira marea humana.

• Caderno de Bitácora : denominación que recibe o cuaderniño no que se recollen as actividades, horas e lugares nos que discurrirán o no que se concentrarán as peñas dorneiras conformando a marea humana. Pola sua redacción cas particularidades lingüísticas da zona, pola ironía e crítica social que desprende, e polo humor en cada linea, fan del un exemplar único en cada edición.

• Flor Natural : símbolo identificativo de tódolos cofrades ou membros da R.e I. Cofradía da Dorna, formado por un trebol de catro follas de cores vermello e verde. Lúcese con orgullo na solapa da camiseta pois é único entregándose só unha vez por persoa. Cada peña ten unha bandeira na que no centro e a xeito de escudo luce sempre esta flor.