SEMANA SANTA DE
CANGAS 2017 DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO
GALEGO
Programación de oficios e cultos da Semana Santa
2017.
As confrarías presentan un programa ampliado e con novidades para este
evento declarado de “Interese Turístico Galego” co obxectivo de ser declarado e
recoñecido de “Interese Turístico Nacional”.
Como novidade, a Confraría de San Pedro estrea imaxe e a do Cristo do
Consolo propón a ampliación do percorrido do Vía Crucis Infantil do Domingo
de Ramos, desde a ExColexiata de Santiago de Cangas ao Cruceiro de Singulis,
representando escenas da paixón.
Pola súa parte, a do Cristo Resucitado
adianta 15 minutos a súa procesión e aproveita para presentar o seu propio
estandarte. Neste momento, a falta de espazo e dun local no que poder gardar
as imaxes fai que sexa imposible a ampliación dos pasos, aínda que contan con
tres novos en proxecto.
A pesar de que a programación deu comezo o 18 de marzo coa lectura do
pregón da Semana Santa, a cargo de D. Jesús Graña Nogueiras e o concerto no
Templo Parroquial da Banda de Música “Belas Artes” de Cangas, o programa
forte dará comezo o venres 7 de abril pola festividade da Virxe dos Dolores, con
concerto, misa solemne cantada e procesión polas rúas de Cangas.
O domingo
9 de abril, “Domingo de Ramos”, ás 11:00 horas terá lugar a Procesión da
Borriquilla e a posterior Bendición dos Ramos nos Xardíns de J. Félix Soage, e
pola tarde, ás 18:00 horas, o Via Crucis Infantil.
O 12 de abril, Mércores Santo, haberá ás 19:30 horas rosario e misa cantada á
Soidade de María, e ao remate procesión con ofrenda floral á Virxe no Eirado do
Sinal.
O 13 de abril, Xoves Santo, tralos cultos no Templo, terá lugar ás 20:00 horas
a procesión da “Santa Cea”, e a media noite adoración nocturna.
Un dos días grandes será o 14 de abril, Venres Santo, iniciando ás 07:00 horas
coa procesión “Negación de San Pedro”, representando as tres negacións
durante o percorrido, e con chocolatada ao remate no Adro da Igrexa. Ás 10:30
horas será a quenda da procesión do “Santo Encontro”. Xa pola tarde, ás 20:00
horas procesión do “Santo Enterro” e a media noite a procesión do “Silencio”,
unicamente iluminada polas candeas dos fieis e as imaxes, percorrendo con
completa devoción e silencio as rúas do centro.
O 15 de abril, Sábado Santo, celebrarase ás 22:00 horas a “Santa Vixilia
Pascual” coa bendición da auga e do fogo.
E por último o 16 de abril, Domingo
de Pascua, sairá ás 10:30 horas a procesión de “Xesús Resucitado”. A cruz
parroquial sairá cara o sepulcro para recoller a Xesús resucitado e conducilo ao
encontro coa súa nai no centro da Vila, momento no que esta cambiará o seu
manto negro de loito polo manto branco da Gloria.
Posteriormente, ás 12:00
horas celebrarase a Misa Solemne.
Coincidindo coa semana grande levaranse a cabo outras actividades: o VI
Festival de Folclores na Rúa o sábado 8 de abril (coa participación do Grupo de
Danzas Pais Nais de San Roque de Cangas, Rancho Típico Infantil de Vila Verde
– Portugal e a Asociación Cultural Barca de Loimil de Arbo); as visitas guiadas
polo casco antigo os días 12, 13 e 15 de abril, totalmente gratuítas con saídas
ás 11:00 horas da Oficina de Turismo do Porto de Cangas; a exposición e
presentación do libro “Elas” de Aurora Marco o xoves 6 de abril ás 20:00 horas
na Casa da Cultura; e a exposición do alumnado de bacharelato de artes do IES
María Soliño na sala de exposición do Auditorio Municipal.
Accede al programa completo en : Semana Santa Cangas 2017