Galipizza recibe en Madrid o distintivo “Q” de Calidade Turística
A marca Galipizza convértese na única cadea galega de restauración coa distinción “Q” de Calidade Turística que otorga o Instituto para a Calidade Turística Española.
A firma galega Galipizza obtivo a certificación da marca “Q” do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) na categoría de “Servicios de Restauración”, convertíndose así na única cadea de restauración galega que o ostenta, o que supón un impulso no seu proceso de mellora contínua para asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible.
A marca de garantía Q Calidade Turística é unha marca de recoñecido prestixio dirixida á certificación de servizos turísticos. Para obter este galardón Galipizza superou nos últimos meses unhas estrictas auditorías que aseguran que a prestación dos seus servizos é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade; analizando tódolos aspectos da xestión dos seus establecementos: xestión, aprovisionamento, materias primas, prestación do servizo, instalacións, etc; así como a formación e profesionalidade do persoal.
Esta “Q” aporta aos establecimentos que a ostentan: prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigurosidade e promoción por parte da Secretaría de Estado de Turismo e as Comunidades Autónomas. O Clúster do Turismo de Galicia colaborou no notable incremento do número de establecementos recoñecidos coa Q de Calidade, co que Galicia se sitúa no segundo posto no número total de “Q de Calidade”, só por detrás de Andalucía.
O acto de entrega tivo lugar durante a “Noite Q” que o Instituto para a Calidade Turística Española organizou en Madrid este xoves, coincidindo coa celebración da Feira Fitur. Neste encontro o xerente de Galipizza, Xosé Manuel Vázquez, “Leman”, recibiu o diploma de recoñecemento, ao igual que tódalas empresas e organismos que obtiveron ou renovaron a súa certificación ao longo do año 2018 coa Q de Calidad Turística.