A campaña “Restaurantes contra el Hambre” é a maior iniciativa
solidaria da hostalería en España, promovida por Acción contra
el Hambre en colaboración coa Federación Española de Hostalería,
que ademáis este ano cumpre o seu décimo aniversario.
A casa de xantar “As Tixolas” (Covas-Viveiro) é, segundo o mapa
de colaboradores da web oficial da campaña
(https://www. accioncontraelhambre.org/ acciones/ restaurantescontraelhambre/ buscador-restaurantes),
o único restaurante participante en toda a provincia de Lugo,
mentres que hai outros dezasete locais que tamén colaboran en
toda Galicia.
O menú solidario que ofrece As Tixolas consta de 4 pratos,
postre, café de pota e chupito, todo por 20 euros. O menú, que
se renova cada poucas semanas, consta agora mesmo de Mexillóns á
mariñeira; Timbal de polbo, langostinos e cogomelos con
panadeiras e aceite pimentón; Ovos rotos con criollo, patacas e
allos tenros; Meixela de porco con patacas panadeira; Tarta
Oreo; Café de pota e chupito.
A campaña celébrase entre o 15 de setembro e 15 de novembro en
restaurantes de todo España. Os hostaleiros únense deste xeito
para loitar contra a desnutrición infantil, servindo “os pratos
que máis alimentan”, xa que por cada menú vendido unha parte (de
0,50€ a 2€, segundo o importe do menú) destínase a Acción contra
el Hambre para a prevención, diagnóstico e tratamento da
desnutrición.
“Pode parecer unha cantidade pequena, pero gracias a esta
iniciativa na campaña do ano pasado recaudáronse en toda España
máis de 180.000 euros, con pequenas aportacións prato a prato”,
asegura José Manuel Vázquez, responsable do restaurante As
Tixolas, que leva colaborando xa nove anos con esta iniciativa
solidaria.
