Ruta que percorre os bordes do río Rigueira dende A Ponte do Carro ata Regosangüento na mesma parroquia da Rigueira.
Este itinerario de sete quilómetros ofrece a oportunidade de gozar de excursións a través dunha marabillosa paisaxe fluvial onde ademais nos atoparemos durante todo o seu percorrido con oito muíños tradicionais.
Iníciase esta, na Ponte da Barxa, ponte que cruza o Rio Rigueira, rio que nos marcará todo o carreiro; podemos dicir que a ruta, desde o inicio ata o final, non atravesa centro urbano algún, pasando como moito nalgún caso preto dalgunhas casas do medio rural e discorrendo no seu maior parte por medio de prados e bosques, o que fan da mesma un percorrido moi atractivo. Dos 7 muíños que comprende esta Ruta, 3 pertencen á Parroquia de Lago e 4 están situados na Parroquia da Regueira; se facemos un percorrido desde o inicio, a orde en que están situados os muíños é o seguinte: Muíño de Calvela, Muíño de Paulino, Muíño da Cotarela, Muíño de Pena Curva, Muíño de Villarquide, Muíño de Meixide e Muíño de Ponche do Carro; un pouco máis adiante deste último muíño atópase a nova Ponche do Carro que é o final da Ruta e na cal podemos aproveitar para ver a fermosa Igrexa Parroquial da Rigueira que se atopa a 100 metros escasos desta ponte.
Evidentemente non é unha estrutura decorativa, tendo xa nas súas orixes unha clara funcionalidade que é a de moer o gran; trátase dunha edificación de tamaño variable, segundo o caso, que no seu interiorcontiene unha serie de dispositivos que permiten triturar o gran (maiz, trigo, centeo, etc.) e convertelo en fariña. En xeral, podemos falar de 4 clases de muíños: muíños movidos coa man (son os máis antigos), muíños de maré que funcionan co fluxo e reflujo das mareas, muíños de vento e muíños de auga de rio que son os que aquí nos ocupan xa que todos os muíños que figuran no proxecto pertencen a esta clase e nútrense das augas do Rio Rigueira. A partir do muíño de man, o home foi desenvolvendo distintas clases de muíño coas que cada vez podía moer máis cantidade de gran con menor esforzo.
No que á estrutura, tamaño e dependencias dos muíños refírese, isto está relacionado coa localización, réxime de propiedade e condicións xeolóxicas da zona; hai que ter en conta se o propietario é ou non podente, se estamos en zona de boa ou mala pedra, etc. Como norma xeral para Galicia e en particular para a Comarca da Mariña, a estrutura construtiva na maioría dos casos é moi sinxela e elemental ao contar con paredes de cachotería basta, de pouca calidade, que, como moito, pódense ver reforzadas nos ángulos esquinales con pedras grosas toscamente traballadas.
Que os muíños de auga abunden na Comarca da Mariña (e por suposto tamén en Xove) e en toda Galicia non é de estrañar xa que son moitos os rios, regachos e regatos que asucan toda a terra galega e que posibilitaron na súa dia que todo o territorio fose cuberto por muíños, na súa maioría, de auga; dentro destes, podemos distinguir entre os de rodicio horizontal, ao que pertencen todos os muíños do presente proxecto, e os de aceas, aínda que destes últimos non se conserva ningún na Comarca.
Os muíños de auga necesitan todos moita auga para moer debido ao gran tamaño da suas moas (pedras redonda cun buraco no centro que son as que serven para machucar o gran), o que fai que aumente a calidade da fariña; logicamente, a mellor época de aproveitamento dos muíños sería desde o outono á primavera, que é cando máis auga leva o rio; tamén canto maior é a moi mellor queda triturado o gran.
Dentro da clasificación dos muíños de auga aínda temos outra subclasificación: muíños de cubo ou presa e muíños de canle; os muíños de cubo ou presa almacenan a auga nunha pequena presa e logo vana soltanto cando a necesiten, sendo un exemplo deste tipo o Muíño de Paulino; os muíños de canle levan a auga a través dunha canle directamente ata as pas do rodicio, sendo o ?Muíño de Penacurva? un muíño deste tipo.
No que ás partes do muíño refírese, a continuación achegamos un gráfico extraido do citado libro de José María Leal e que en lineas xerais correspóndese coa tipoloxía dos 7 muíños que propuxemos no presente proxecto.
Para rematar, ímonos a referir ao muíño como núcleo das relacións sociais da aldea. Se o muíño tivo unha gran importancia no económico, non menos fué a súa importancia no social como verdadeiro núcleo sobre o que viraban as relacións das xentes da parroquia,
fundamentalmente os mozos; dado que polo dia o campesiño e a súa familia tiñan que labrar a terra, a tarde noite convertíase no único tempo libre que se posuía para moer; o folclore galego recolle na súa tradición moitas costumes relacionados coas actividades dos muíños así como as prácticas amorosas a que daban pié estas actividades, xa que ao ir de noite, estas situacións convertíanse en ocasións propicias para os encontros amorosos.
