O espectáculo terá lugar o domingo 3 de novembro ás 18.00 h
Ias entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com
Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá a nova proposta de espectáculo humorístico de Santi Rodríguez, Infarto. ¡No vayas a la luz!, no Teatro Afundación Vigo o vindeiro domingo 3 de novembro ás 18.00 h. As entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.
A partir da crenza popular de que á hora da morte, un visualiza toda a súa vida, Santi Rodríguez creou un espectáculo no que, chegado a ese transcendental momento vital, o que se lle aparece é unha obra de teatro, todo un espectáculo sobre a súa maneira de burlar a morte e o seu xuramento de gozar desta segunda oportunidade.
Un home maduro e cunha vida familiar estable sofre un infarto que o leva ao borde da morte, limiar onde repasa a súa propia vida e recibe unha revelación divina. Tras esta experiencia traumática e reveladora, o protagonista decide aproveitar esta segunda oportunidade e empéñase en realizar toda a lista de pendentes que estivo a piques de deixar incumprida, desde os desexos máis simples e veniais, aos proxectos máis ambiciosos. Un maduro con exceso de motivación, unhas ganas de vivir desatadas ata o punto da temeridade, e unhas ganas desenfreadas por aproveitar esta prórroga inesperada sen medo nin freos son os ingredientes desta amena comedia sobre a vida… onde se masca a traxedia.